A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, abriu ata o 15 de xuño o prazo de presentación de candidaturas ao Premio Galicia de Xornalismo Científico 2018. O galardón, que alcanza a súa terceira edición, recoñecerá con 4.000 euros netos o mellor traballo de difusión da investigación científica publicado por un medio de comunicación entre o o 1 xullo de 2017 e o 15 de abril de 2018 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión.