29 de marzo de 2018
29.03.2018

"A Revista" da TVG visita hoxe a Mostra do Encaixe de Camariñas

29.03.2018 | 01:39

"A Revista" da Televisión de Galicia (TVG) acudirá hoxe ata Camariñas, onde se está a celebrar a 28 edición da tradicional Mostra de Encaixe. Esta mostra durará ata o domingo e reunirá aos mellores expertos nesta arte. O programa asistirá en directo ao desfile de deseñadores noveis, e ao encontro de encaixeiros. Ademais, tamén haberá espacio para a música coa actuación do grupo folclórico Con todo en Banda.

O programa estará tamén en directo no Carballo Handball Festival, no día en que esta localidacentra a atención do balonmán de toda Galicia. Ata 800 novas promesas de todas as categorías se reúnen en Carballo para aprender, adestrar e tamén competir neste deporte.

No eido das entrevistas, estarán armen Varela, da Asociación querENDO e Helena Rodríguez, xinecóloga do Hospital Álvaro Cunqueiro. Ambas as dúas falarán sobre a endiometriose. Tamén estará hoxe con Sevi Martínez o cantante e compositor Diego Guerrero. Moncho Lemos achegará as estreas do cinema.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine