Rodríguez recoñece que "a semente" deste traballo foron as "Historias de emigrantes" que o célebre Xosé Neira Vilas publicou en FARO. "Quixen seguir polo mesmo camiño pero estendendo as historias da emigración a outros ámbitos. Ao principio, Neira Vilas recén chegado de Cuba actuou de guía para min, con aquela sección que falaba das peripecias dos galegos en América", asegurou. O escritor lembrou con cariño aquel tempo en 1989, no que o propio Neira Vilas lle axudou. E no que sairían ao prelo moitas histoiras, fundamentalmente reportaxes.

En canto ao criterio seguido polo escritor, Salvador Rodríguez asegurou que escolleu "historias que me sorprendesen a min para logo sorprender ao lector; que os personaxes fosen pouco coñecidos e ter unha parte de achega miña, de investigación propia". Sempre que pudo e foi posible, falou cos protagonistas das historias que relata. Cando non, púxose en contacto con familiares.

Entre as historias que abordou onte no Club tamén foi destacada a de Eulogio Gómez Franqueira e o seu intento de secuestro por parte de ETA. Tamén, un neto prácticamente descoñecido de Valle Inclán e nacido en Vigo.

"Unha das que máis me conmove é a do primeiro neto de Valle-Inclán. Decateime por unha publicación de FARO que en Vigo preparábase unha homenaxe", explica. Tamén que a primeira filla de Valle -Concha- estaba casada cun catedrático de Ensimo Medio de Vigo, Jerónimo Toledano Cañamaque. Pero logo, ninguén participou na homenaxe no teatro García Barbón.Parece ser que daquela atopábanse en Astorga. E o primeiro neto de Valle Inclán, que naceu en Vigo, acabaría vivindo un pobo de Alacante. "Atopeino. Acabou de médico. E a última noticia que tiven do foi a súa xubilación en 1987.