| A libraría Andel de Vigo serviu onte de escenario na segunda entrega e última da homenaxe facilitada por algúns membros da Real Academia Galega e escritores da terra a Xohana Torres, a poeta do mar, finada a mediados de setembro. No encontro de onte, con notable presenza de público, participaron Méndez Ferrín, Ana Romaní, Chus Pato, Darío Xohán Cabana e Francisco Fernández Rei.