14 de mayo de 2017
14.05.2017

A Xunta anima aos mozos a usar o galego no tempo de lecer e nas redes sociais

Os conselleiros de Educación e Política Social entregan os premios do certame 'Lingua de namorar' de fomento do idioma

14.05.2017 | 02:18
Valentín García, Román Rodríguez e Rey Varela, onte en Santiago, cos galardoados no do certame. // I.O.

Os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e de Política Social, José Manuel Rey Varela, participaron onte na entrega dos premios do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, organizado pola Secretaría Xeral e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O concurso está dirixido a mozos de 14 a 35 anos, co obxectivo de dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas relacións interpersoais e nas novas tecnoloxías, sobre todo na internet e na mensaxería instantánea, e mais incrementar a percepción do galego como unha lingua útil para os momentos de lecer.

Na súa intervención o conselleiro de Cultura e Educación salientou que o obxectivo deste concurso é animar os mozos a expresarse en galego en todos os ámbitos da vida e, dunha maneira especial, nas redes sociais, que tanta relevancia teñen nas relacións cotiás da mocidade. Neste sentido lembrou que esta foi a primeira iniciativa na que as dúas consellerías se uniron para promover o uso do galego entre a xente nova, unha liña de colaboración que ten agora o seu maior reto na elaboración do primeiro Plan de dinamización da lingua galega entre a mocidade, co fin de potenciala como lingua de relación entre os máis novos.

A Consellería de Cultura e Educación, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, está a traballar na elaboración do que será o primeiro plan de dinamización da lingua galega entre a mocidade feito pola Xunta. Román Rodríguez explicou que este plan vai implicar a todo o Goberno no fomento da oferta asociativa e de lecer en galego, a consolidación da oferta de produtos na lingua propia para o público xuvenil ou coa posta en marcha de modelos lingüísticos galegófonos á rapazada que é castelanfalante en orixe.

Pola súa banda, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou a importancia de celebrar concursos como Lingua de namorar para fomentar o uso do galego entre os mozos e mozas en todos os ámbitos da súa vida, non só no académico. Rey Varela tamén aludiu á oportunidade que Lingua de namorar dá á mocidade para desenvolver a súa creatividade na faceta máis literaria "a través de non máis de 350 caracteres" mediante os cales foron quen de expresar os seus sentimentos e inquedanzas".

Na quinta edición deste certame, na que participaron preto de 600 mozos, ademais dos seis premios establecidos nas bases, o xurado concedeu tamén unha mención de honra. Para outorgar os galardóns o xurado valorou a elaboración das mensaxes e a súa orixinalidade e calidade lingüística.

Na categoría A, de 14 a 19 anos, de entre as 52 mensaxes que recibiron sete ou máis votacións, resultaron gañadora do primeiro premio Sara Caride Blanco (Cambados), coa mensaxe Eternidade; do segundo Inés Amado Rodríguez (Cuntis), por Escribindo poesía; e do terceiro Ana Barros Fernández (Marín) con Foliada de mel. Na categoría B, de 20 a 35 anos, Diego Arranz Fernández (Ourense), gañou o primeiro premio con "Ti, produto de risco"; Estefanía González López (Santa Comba) o segundo pola mensaxe "De Rosalía a Benedetti"; e Rubén Barreira Blanco (Verín) por "Contando". No referido á mención de honra, concedeuse á mensaxe "En galego", de Anabel López Blanco (Melide), pola súa frescura e denotación pola identidade e lingua propias.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
selectividad 2017 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias



CINE


La estrella lanzó su carrera en la cinta de 1992.
Sharon Stone, 25 años después de ´Instinto Básico´

Sharon Stone, 25 años después de ´Instinto Básico´

El film de Paul Verhoeven llega al cuarto de siglo con la misma sensualidad con la que se estrenó

´Star Wars´ prepara una película sobre Obi-Wan Kenobi

´Star Wars´ prepara una película sobre Obi-Wan Kenobi

El personaje del jedi tendrá cinta propia, aunque todavía no hay ni actores contratados ni guion

´The Wife´, de Glenn Close, clausurará el Zinemaldia

´The Wife´, de Glenn Close, clausurará el Zinemaldia

La película, que se proyectará fuera de concurso, servirá para cerrar la Sección Oficial del...

Apple planea invertir en series y películas

Apple planea invertir en series y películas

La compañía reserva 1.000 millónes de dólares a esta nueva actividad y competirá en Hollywood


´Verano 1993´, ´Abracadabra´ y ´Los últimos de Filipinas´, precandidatas a los Oscar

´Verano 1993´, ´Abracadabra´ y ´Los últimos de Filipinas´, precandidatas a los Oscar

El 7 de septiembre se conocerá la cinta definitiva para representar a España en los galardones

Anne Hathaway, la última víctima de los hackers

Anne Hathaway, la última víctima de los hackers

En la red circulan unas fotos robadas de la actriz en donde se la puede ver completamente desnuda

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Cultura

Alfonso Azpiri.
Muere Alfonso Azpiri, referente del cómic español

Muere Alfonso Azpiri, referente del cómic español

El ilustrador, de 74 años, ha publicado en diferentes países y ha sido distinguido con varios...

Cuarenta años sin Groucho Marx, el genio de la comedia

Cuarenta años sin Groucho Marx, el genio de la comedia

En 1977, el artista fallecía a los 86 años en una clínica de Los Ángeles a causa de una neumonía

El Día Mundial de la Fotografía quiere reunir miles de fotos

El Día Mundial de la Fotografía quiere reunir miles de fotos

Fue un 19 de agosto de 1839 cuando se hizo público que se había inventado la fotografía en París

Lecturas para dar rienda suelta a la imaginación

Lecturas para dar rienda suelta a la imaginación

Una serie de títulos a gusto de todo tipo de públicos para disfrutar este verano

Taylor Swift gana un dolar por el juicio contra el locutor que le manoseó el trasero

Taylor Swift gana un dolar por el juicio contra el locutor que le manoseó el trasero

La cantante ha asegurado que quiere "ser ejemplo para otras mujeres que se resistan a ser...

El "Netflix" del directo nace en Vigo

El "Netflix" del directo nace en Vigo

La multiplataforma Tolemias ofrecerá más de mil horas de conciertos de artistas gallegos e...

Enlaces recomendados: Premios Cine