09 de febrero de 2017
09.02.2017

Un lutier do medievo para Carlos Núñez

Ismael Vaz fará unha réplica dunha viola do Pórtico da Gloria nun proxecto co músico vigués

09.02.2017 | 19:08
O lutier Ismael Vaz, onte no seu taller de Astariz (Castrelo de Miño, Ourense). // Brais Lorenzo

Construír un instrumento, crealo desde a madeira núa encaixando pezas, ensamblar cordas e bastidor, "empratar" as clavixas ata conseguir arrincar como desde o fondo da alma do abeto o son dunha viola, é unha cuestión case de maxia. Se a iso se engade que o lutier creará baseándose nas que usaban no medievo e que aparecen no Pórtico da Gloria, o traballo ten máis de alquimia musical. O restaurador Ismael Vaz (Sabarís, 1981) acepta quizais o termo de "arqueólogo da música".

Ismael Vaz ten trinta e seis anos de vida e outros tantos de triscos de madeira espallados polo país en forma de instrumentos de corda de música antiga. Este lutier de Sabarís (Baiona) é un dos poucos que fabrica de xeito artesanal as violas de madeira que se empregaban na música antiga galega. Faino desde unha pequena aldea de Ourense, nun luminoso taller duns trinta metros cadrados e coas ferramentas propias da lutería do século XVII que construíu el mesmo. A única concesión á modernidade é unha pequena serra.

Agora participará nun proxecto co músico Carlos Núñez para crear réplicas dos instrumentos medievais do Pórtico da Gloria. Concretamente unha fídula ou viola con arco. "É unha fídula que no pórtico se representa das dúas maneiras: no brazo ou co arco", aclara. "É un proxecto bonito como investigación", explica.

O gaiteiro e compositor vigués Carlos Núñez vén de celebrar na Catedral de Santiago un concerto no se que empregaron réplicas de todos eses instrumentos medievais presentes no citado Pórtico e que se reconstruíran no marco dun proxecto da Fundación Barrié de la Maza, pero que agora están en depósito nunha institución. Por iso Ismael Vaz tratará de recrear unha nova réplica dalgúns deles (dos de arcos) para probar e experimentar novos aspectos musicais.

Ismael Vaz Varela traballa como lutier en solitario -con instrumentos desde a Idade Medieval ao Barroco- desde hai uns sete anos. "O meu pai foi ebanista, e aprendín un pouco de aí. Logo estudei restauración, concretamente patrimonio arqueolóxico na Escola Superior de Bens Culturais de Galicia. Traballei ata os 28 anos dando voltas por Galicia pero, cos recortes en Cultura, a maioría das empresas de restauración quebraron eu quedei na rúa", argumenta. O primeiro en prender a chispa da súa vocación foi o intérprete Baldomero Barciela, ao caer nas súas mans un instrumento de Ismael Vaz. Ao final, chegou a gravar un cd con instrumentos do novo lutier. "Son músicos punteiros a nivel mundial na música Barroca, para min foi o máximo", recoñece. A música barroca, máis recoñecida noutros países europeos, aínda reporta pouco traballo en Galicia.

Sen embargo, o periplo vital de Ismael e a súa querenza pola vida rural levouno por Castroverde (Lugo), onde estivo catro anos e logo estableceuse na pequena aldea de Astariz, en Castrelo de Miño (Ourense), máis perto da residencia dos seus pais.

Na actualidade, traballa coa liberdade de ir probando materiais. O pradairo galego é a súa madeira predilecta -que merca en zonas altas e frías de Lugo- e logo para as capas harmónicas, abeto. Convencer a madeiristas sobre os requisitos das árbores a cortar tamén formou parte dos esforzos do lutier, que destaca o valor doutras especies autóctonas que hoxe rematan en pasta de papel.

A viola da gamba que constrúe normalmente Ismael Vaz é un instrumento do século XVII, que non ten nada que ver co que se coñece hoxe en día como viola (moito máis pequena e semellante ao violín). A viola de gamba é máis parecida ao violonchelo; é un instrumento de arco que se toca pousado nas pernas. A cifra das que ten elaborado xa se aproxima ao medio cento, que lle encargan fundamentalmente de conservatorios de Vigo e Pontevedra. "O que enche a miña vida emocionalmente son os pequenos que comezan no conservatorio e están contentos cos teus instrumentos", expresa.

Hoxe os detalles da música galega antiga están case totalmente perdidos."Os instrumentos son dispares e en cada zona ou, incluso, cada mestre tiña os seus xeitos de escribir a música, os pentagramas, as descricións... De Bach cara atrás, todo ese período require unha investigación na que camiñamos case perdidos. Ademais, a música interpretábase con certa improvisación".

Tamén o experto Francisco Luengo,que participara no citado proxecto da Fundación Barrié, lle fixo recomendacións sobre os aparellos medievais. Outra das rarezas de Ismael Vaz é que non toca, pero si é capaz de deseñar o instrumento -como un zapato- idóneo ás características do intérprete. Un artesano moderno, que dubida se poderá manter a súa actividade ou terá que emigrar a un país máis benévolo cos autónomos, pola falta de rentabilidade económica.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Cultura

Federico Luppi.
Fallece el actor Federico Luppi

Fallece el actor Federico Luppi

El intérprete argentino, de 81 años, se encontraba hospitalizado por complicaciones con un hematoma

Escobar versus Netflix

Escobar versus Netflix

Liberado porque muchos de los enemigos de su padre se han asesinado, el hijo se confiesa en un...

Pitingo cancela su concierto en Barcelona por "las circunstancias en Cataluña"

Pitingo cancela su concierto en Barcelona por "las circunstancias en Cataluña"

El artista flamenco tenía previsto ofrecer este viernes en la ciudad el show 'Soul, bulería y más'

Muere la actriz francesa Danielle Darrieux

Muere la actriz francesa Danielle Darrieux

Considerada una de las decanas del cine francés, murió el martes a los cien años

Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas

Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas

La artista gallega, que vive en Londres desde hace 30 años, destaca que lleva a Galicia "en su...

Una obra de arte en honor al pequeño sirio fallecido

Una obra de arte en honor al pequeño sirio fallecido

Luigi Prevedel ha esculpido en mármol blanco una figura por el pequeño muerto en las costas turcas

CINE


Cartel de la nueva Annabelle.
´Annabelle Creation´: Terror forzado y gratuito

´Annabelle Creation´: Terror forzado y gratuito

Cine terrorífico infestado de elementos gratuitos con el fin de asustar al auditorio

¿Está Brad Pitt enamorado de la versión joven de Angelina Jolie en ´Malefica´?

¿Está Brad Pitt enamorado de la versión joven de Angelina Jolie en ´Malefica´?

La actriz Ella Purnell dio vida a este personaje y ahora su camino se ha cruzado con el del...

Weinstein es investigado también por una supuesta violación

Weinstein es investigado también por una supuesta violación

La Policía de Los Ángeles investiga la denuncia de una actriz y modelo italiana sobre unos hechos...

Tarantino conocía los abusos de Weinstein y no los denunció

Tarantino conocía los abusos de Weinstein y no los denunció

El director de cine reconoce que "podría haber hecho más" y asegura que tendría que "haber tomado...


El sorprendente cambio físico de Mario Casas

El sorprendente cambio físico de Mario Casas

Te mostramos el nuevo aspecto del actor, que dará vida al fotógrafo Frances Boix en su próxima...

Emma Suárez se mide en los cines con las españolas ´Red de libertad´ y ´Handia´

Emma Suárez se mide en los cines con las españolas ´Red de libertad´ y ´Handia´

'Atraco en familia', 'Geostorm' y '¡Lumière! Comienza la aventura' también se estrenan esta semana

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine