Despedida a un xenial contador de historias

Sentido adeus a Agustín Fernández Paz

A figura máis destacada da nosa literatura infantil e xuvenil recibiu o agarimo de amigos e familiares nun acto multitudinario no tanatorio de Pereiró -"É un diamante moral no que poderemos espellarnos", dixo Bragado

14.07.2016 | 08:37

Non era doado atopar as palabras para despedir até sempre a Agustín Fernández Paz, un home que fixo da palabra un ben todavía máis prezado. No multitudinario acto pola súa memoria que se celebrou onte no tanatorio de Pereiró varios escritores e amigos puxeron voz a fragmentos do libro "O rastro que deixamos" (2012) que recolle diferentes relatos nos que o vilalbés fala da súa infancia e do oficio de escribir.

O aforo do salón de cerimonias do tanatorio vigués foi máis que insuficiente, representantes de tódolos ámbitos culturais galegos estiveron presentes para acompañar á familia do escritor. Xosé Luis Méndez Ferrín, Antonio García Teijeiro, Xosé Antonio Perozo, Fina Casalderrrey, o presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, Paco Martín, Xavier P. DoCampo, Antón Pulido e Ramón Villares, son algúns dos artistas que escoltaron á figura principal da literatura infantil e xuvenil en galego. As novas xeracións de escritores como Ledicia Costas, Fran P. Lorenzo, Marcos Calveiro, Francisco Castro e María Solar, entre outros, tamén lle dixeron onte adeus dende Vigo, a cidade na que levaba máis de trinta anos afincado.

O director de Xerais, Manuel Bragado, unha das persoas que máis trato tivo con Fernández Paz nos derradeiros anos, foi o encargado de presentar o acto e agradecer as mostras de solidariedade en nome da familia do escritor. "Agustín vive en nós, forma parte do noso xeito de ver o mundo", asegurou o editor. Bragado salientou que as mostras de pesar polo seu pasamento foron "un feito sen precedentes na nosa sociedade" e que se debía a que o escritor era unha "persoa que influé, que nunca rexeitou a ninguén". "O perímetro do seu abrazo foi sempre o máis inclusivo posible. É un diamante moral no que poderemos espellarnos sempre", engadiu.

Ledicia Costas leu un dos fragmentos de "O rastro que deixamos" no que os escritor destacaba que "temos dentro de nos a materia que lle pode interesar a calquera no mundo" e que "só se pode ser universal dende as propias raíces". Costas recoñeu que "foi un placer inmenso poder darlle voz as palabras dun autor tan inmenso". Despois, os membros da chamada "Xeración Lamote" á que pertencía Fernández Paz, dedicáronlle unhas verbas. Xabier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra, Fina Casalderrey e Xabier P. DoCampo enchiron de emocións o salón mentres lle deron as gracias por tanto ao mestre e ao escritor.

"Eu aínda quero imaxinar aos meus netos ?que aínda non teño? remexendo nos meus andeis e dicindo: "ah, este que é de Agustín Fernández Paz", dixo Casalderrey. Xabier P. DoCampo, que foi mestre en prácticas co escritor, recitou uns versos do poeta José Ángel Valente do que gostaba Fernández Paz e que remata así: "Pues más allá de nuestro sueño / las palabras, que no nos pertenecen, / se asocian como nubes / que un día el viento precipita / sobre la tierra / para cambiar, no inútilmente, el mundo".

O xornalista vigués Fran P. Lorenzo sinalou que "Vigo ten que recoñer o seu labor, non temos tantos escritores como el" e agradeceulle que "abría portas para a xente nova" no ámbito da literatura.

Representantes do galeguismo e a política galega como Camilo Nogueira, Xavier Vence, Alba Nogueira, os concelleiros vigueses Isaura Abelairas e Cayetano Rodríguez, Ana Pontón e Serafín Otero, compartiron as mostras de agarimo no acto. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou o pesar da cidadde polo falecemento do escritor, a quen definiu como unha "persoa emblemática" e "literato excepcional", cunha "obra extraordinaria" na súa "defensa do galego e pola súa capacidade expresiva" na nosa lingua.

A Universidade de Vigo, que o nomeu doutor honoris causa en xaneiro de 2013, recordou onte o seu discurso no día que foi investido. Agustín Fernández Paz fixo nel un percorrido pola constante loita a prol da lingua galega e describiu así o seu labor: "escribir como un acto rebeldía, como un acto de amor. Escribir co desexo intenso de crear algo que antes no existía. E ser consciente de que aramos sobre os mortos desta terra, de que a nosa escrita se alimenta da dos autores que nos precederon".

A filóloga galega Blanca-Ana Roig Rechou tamén lembrou ao autor vilalbés con palabras de agarimo e manifestou a "débeda" que Galicia ten con el. "A túa obra é a que nos axudará neste camiñar e a que fará que nunca deixes de estar entre nós. Estamos seguras de que seguirás a nos guiar con acerto nesa andaina desde calquera parte do universo", apuntou a presidenta da Asociación Nacional de Investigación de Literatura Infantil y Juvenil.

Onte en Pereiró recibiu un tenro adeus pero aínda haberá novas de Agustín Fernández Paz, quedan ensaios inéditos nos que andaba a traballar e despois do verán Xerais publicará a edición especial de "Cartas de inverno", unha das súas novelas máis celebradas polo público xuvenil, coa que se celebran os 100.000 exemplares, só superados por "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas na literatura galega.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


El actor Dustin Hoffman.
Cinco mujeres más acusan a Dustin Hoffman de abusar de ellas

Cinco mujeres más acusan a Dustin Hoffman de abusar de ellas

El actor ya había sido denunciado públicamente por otras tres mujeres por episodios similares

´El sentido de un final´: Los delirios de la memoria

´El sentido de un final´: Los delirios de la memoria

Una verdad oculta que sale a la luz en un momento trascendental de la familia

´Verano 1993´ se queda fuera de la carrera de los Oscars

´Verano 1993´ se queda fuera de la carrera de los Oscars

La cinta chilena 'Una mujer fantástica' es el único largometraje latino que optará a los premios

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

El productor de Hollywood "no recuerda" haber presionado a la actriz para que realizara desnudos


Disney compra 21st Century Fox por 44.293 millones de euros

Disney compra 21st Century Fox por 44.293 millones de euros

Se hará con los estudios de cine y televisión y otras partes de su negocio internacional de cable

Llega a los cines ´Stars Wars: los últimos Jedi´

Llega a los cines ´Stars Wars: los últimos Jedi´

La navideñas 'Se armó el belén' y 'Un intercambio por Navidad', entre los estrenos de esta semana

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine