Ricardo Carvalho Calero, Carlos Casares Mouriño, Prácido Ramón Castro do Río e Antonio Fernández Morales son os candidatos entre os que a Real Academia Galega escollerá a figura á que se dedicará o Día das Letras do próximo ano. Farao nun pleno convocado para hoxe, en sesión ordinaria, onde os académicos votarán á personalidade literaria á que se dedicará esta conmemoración no ano 2017.

Os últimos homenaxeados nesta efeméride foron Manuel María, Xosé Filgueira Valverde, Xosé María Díaz Castro, Roberto Vidal Bolaño, Valentín Paz Andrade, Lois Pereiro, Uxío Novoneyra e Ramón Piñeiro.