A Real Academia Galega (RAG) celebrará os días 7 e 19 de xullo, no Museo do Pobo Galego Santiago de Compostela, dúas sesións en torno ás Irmandades da Fala. O ciclo abordará as súas achegas á prensa, á oratoria e á prosa de non ficción.

A primeira, o 7 de xullo, a partir das 19.30 horas, contará coas intervencións do presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e o profesor do Departamento de Teoría de Literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Arturo Casas, entre outros.