"A perda de Sabino Torres é tamén a perda da memoria da edición galega. Foi un importante memorialista, poeta e xornalista que deixou un fito gravado na historia da cultura galega ao fundar a primeira colección de poesía galega da posguerra. A colección Benito Soto tivo un percorrido breve, pouco máis de dez anos, pero deixou preto dunha vintena de libros que tiveron unha importancia decisiva neste período da nosa cultura".