Cultura lanza un concurso de mensaxes de amor con premios tecnolóxicos para os mellores

Un xurado e os internautas elixirán os seis mellores que levarán unha cámara reflex, smartphone o smartwatch, entre outros

13.02.2016 | 20:39

O galego, como lingua, namora. E, para demostralo, a Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, entre outros organismos, convoca "Lingua de namorar", un concurso en liña que premia aquelas mensaxes de amor que se escriban en galego e que sexan asinadas por xente nova.

A presentación do certame tivo lugar onte en Santiago de Compostela. Alí, falaron das bases deste concurso que busca, ante todo, animar a empregar o galego entre a mocidade do país.

"Dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas tecnoloxías da información e da comunicación, nomeadamente, na internet e na mensaxería instantánea. Incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para os momentosde lecer e de diversión", son os obxectivos, segundo se recolle na propia convocatoria.

Aquelas persoas entre 14 e 35 anos de idade, que o desexen, poden participar e levar algún dos premios. Na categoría A (reservada ós que teñen entre 14 e 19 anos), poden conseguir un smartphone ZTE de 16 xigas se quedan primeiros. Quen recolla a segunda clasificación terá un drone Airis con cámara de vídeo; mentras que o terceiro levará unha torre de son bluetoot de 60 watios para escoitar os seus mp3.

Na categoría B, a dos maiores, o primeiro premio será unha cámara réflex Canon EOS 1200D. O segundo clasificado quedaría cun smartwatch SPC Gold e a terceira persoa do podio conseguirá un disco duro externo Toshiba.

Quen queira participar, terá que rexistrarse na páxina do concurso. O elo é: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html. Alí, aparecerá un formulario de inscrición que deberá rechear. Ademais, terá que escribir a mensaxe que ben se pode presentar en prosa ou en poema. A lonxitude máxima é de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. Cada persoa que participe ten a posibilidade de presentarse con dous textos diferentes.

Desde a Consellería de Cultura, aclaran que o xurado, como criterios de avaliación, terá en conta "o grao de elaboración da mensaxe, a orixinalidade e a calidade da lingua". Todas as mensaxes, iso si, deberán ser inéditas. Aquelas que presenten comentarios ou palabras ofensivas ou discriminatorias non terán cabida.

O prazo límite para enviar as mensaxes é o 28 de febreiro. Dende esa data, a xente poderá votar dende o día seguinte ata o 4 de marzo. Para emitir o voto, tamén é mester darse de alta na web. Non obstante, a verba final será do xurado que se xuntará tras rematar as votacións. Elixirá entre as 50 mensaxes con máis apoios. A listaxe cos gañadores sairá publicada o 16 de marzo na web de Xuventude da Xunta. A finais do mes de marzo, haberá ademais unha entrega dos galardóns.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


Harvey Weinstein.
Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

El productor de Hollywood "no recuerda" haber presionado a la actriz para que realizara desnudos

Llega a los cines ´Stars Wars: los últimos Jedi´

Llega a los cines ´Stars Wars: los últimos Jedi´

La navideñas 'Se armó el belén' y 'Un intercambio por Navidad', entre los estrenos de esta semana

Disney compra 21st Century Fox por 44.293 millones de euros

Disney compra 21st Century Fox por 44.293 millones de euros

Se hará con los estudios de cine y televisión y otras partes de su negocio internacional de cable

´Handia´ y ´La librería´ acaparan las nominaciones a los Goya

´Handia´ y ´La librería´ acaparan las nominaciones a los Goya

La cinta de Aitor Arregi y Jon Garaño, con 13 candidaturas, y la de Coixet con 12, son las favoritas


Salma Hayek denuncia que Weinstein la acosó y amenazó de muerte

Salma Hayek denuncia que Weinstein la acosó y amenazó de muerte

La actriz ha afirmado que el productor también la presionó varias veces para grabar escenas de sexo

Premios Goya 2018: Lista de nominados

Premios Goya 2018: Lista de nominados

Las películas 'Handia' y 'La librería' son las favoritas con 13 y 12 nominaciones respectivamente

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine