| O derradeiro acto público de Xosé Neira Vilas foi o pasado sábado, 21 de novembro, en Tomeza, Pontevedra, onde asistiu á presentación do libro "Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda no corazón dos nosos nenos", de Loli Beloso. O Concello e a Deputación de Pontevedra mostaron onte o seu pesar polo pasamento e o pleno do organismo provincial gardou un minuto de silencio polo escritor.