García Teixeiro sente especial cariño por Neira Vilas xa que "o primeiro libro que lin en galego foron as súas Memorias dun neno labrego". "Descubrín unha Galicia que descoñecía e unha forma de tenrura que foi unha referencia esencial para min", asegura. Como mestre, cismou despois en que os seus alumnos coñeceran a obra. "Os meus alumnos disfrutárona moito", destaca. Valora Teixeiro ademais "a coherencia coa que viviu e escribiu; foi sempre moi auténtico, o gran cronista da Galicia máis descoñecida".