O editor coñeceu "primeiro de forma epistolar" a Neira Vilas cando era director de Galaxia, de 1979 a 1985. "Enviabámoslle as novidades e el contestaba cunha letra impecable", lembra. En 1981 outorgáronlle o galardón en Ensaio dos Premios da Crítica de Galicia, que recolleu no seu nome Paco del Riego. "Eu mesmo leveille a estatuíña á súa casa de Gres en 1992, cando veu de volta a Galicia, e por fin coñecémonos en persoa. É un home que amou o seu país e a súa cultura e recibiu a cambio moita gratitude".