Queda só un mes para presentar traballos ós premios de xornalismo da Fundación Novacaixagalicia e o Ámbito Cultural de El Corte Inglés. O prazo remata o día 30 de abril. A esta nova edición, pódense presentar todos aqueles artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben en artigo de opinión, coa única condición de que tan só se pode achegar un texto por autor que fose recollido en calquera de comunicación, impreso ou dixital, de recoñecidas cabeceiras.Todos aqueles artigos realizados en lingua galega deben optar ó XIPremio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego. Por outra banda, os textos presentados en castelán competirán polo XXXVPremio de Periodismo Julio Camba.