Autoridades da Xunta, de outras institucións galegas, familiares e amigos protagonizon unha sentida homenaxe ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño dentro dos muros do Salón Teatro de Compostela, edificio que o despediú en 2002 trala súa morte e que dende onte conta cunha placa na honra deste autor que foi o artífice da profesionalización e modernización do xénero teatral en Galicia.

Mentres, no exterior, coincidiron las protestas de dúas plataformas: unha de afectados polas participacións preferentes e outra de representantes das artes escénicas que protagonizaron unha sonora pitada reclamando unha solución para a situación do teatro en Galicia, ante unha abundante presencia policial.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, foi o encargado de abrir o acto lembrando que Vidal Bolaño conta cunha "pegada de eiquí e agora" nas pedras do Salón Teatro, unha sinal "de respeto e admiración" para homenaxear a aquel que soñou con "que facer teatro en galego era unha tarefa posible".

Un home que vivíu o teatro de xeito "integral", na escrita, interpretación e a dirección, e que deixou mostra dos seus diálogos no audiovisual co lanzamento da televisión pública galega. Vázquez lembrou a Bolaño como o protagonista dunha "xeración capaz de facer deste arte un modo de vida" e ofrecer ao público "un espazo para parar o tempo".

Mentras os profesionais do teatro reclamaban a voces lemas como 'cultura contra a mentira', tomaba a palabra a viúva do dramaturgo, Belén Quintáns, para lamentar que estas Letras Galegas no estean sendo "o que esperaba" ou "parécese moi pouco", e ironizou con que non falará "de cómo non se está escoitando aos máis pretos" á Vidal Bolaño, "os que teñen información de primeira man" de como entendía o mundo. Uns profesionais "que están quedando fora desta celebración" e "que tiñan que ser os protagonistas", lamentando que día a día facer teatro en galego "parece máis un sono imposible", mentras "sistemáticamente" se recurre aos "menos informados" para "calar estas voces". Tampouco falará, ironizou Quintáns, de quen organiza "un suposto acto de homenaxe" e invita a ler os seus textos, a persoa que hoxe en Galicia "representa todo aquelo contra o que Roberto loitou".

Tras agradecer a amizade do expresidente da Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, para quen tivo "un recordo moi especial", agradeceu o "esforzo" dos profesionais do ensino para difundir a figura de Bolaño. Tras reclamar a necesidade dun estudo "serio e riguroso da súa obra e traballo nos escenarios", suliñou o "privilexio" de haber traballado co dramaturgo ao que definíu como "un símbolo de rebeldía".

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, destacou que nas 51 edicións das letras galegas "nunca houbo un home" como Vidal Bolaño, unha persoa que entregou "toda a súa inmensa capacidade intelectual" á creación coma non se viú "na historia do teatro galego". "Unha figura que se sae notablemente do ordinario", dixo para elevalo como o artífice do novo teatro galego como parte da xeración Abrente, que él mesmo víu nacer.