´Cultura contra a mentira´

A gala dos XVII Premios María Casares tivo como telón de fondo as críticas á Xunta

28.03.2013 | 13:28
´Cultura contra a mentira´
A compañía Elefante Elegante SC recolleu o galardón ao mellor espectáculo por "Nuncabunga". // J. Varela
A compañía Elefante Elegante SC recolleu o galardón ao mellor espectáculo por "Nuncabunga". // J. Varela

A obra de teatro "Tokio 3", da compañía Voadora, foi onte a gran triunfadora da noite con cinco galardóns na gala dos XVII Premios María Casares, na que foi escollido como mellor espectáculo "Nuncabunga", de Elefante Elegante SC. O teatro compartiu protagonismo coas reivindicacións verquidas polos artistas ao longo da cerimonia contra a xestión cultural da Xunta, a crise do sector ou o novo presidente do Agadic.

Dicía Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo que será homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, que se o seu teatro "non triunfaba aquí, non triunfaría en ningunha parte". A súa obra viaxou por todo o mundo, pero once anos despois do seu pasamento, o mundo escénico galego languidece baixo a crise.
A décimo sétima edición dos Premios María Casares celebrada onte no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, non so foi escenario un ano máis do recoñecemento ao talento e traballo do xénero en Galicia, senón un voceiro para denunciar os problemas do sector. Todo isto, nunha gala chea de humor de todas as cores e na que a compañía Voadora foi a gran triunfadora con cinco galardóns, sendo elexida como mellor espectáculo a obra "Nuncabunga", de Elefante Elegante SC.
O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Toño Casais, foi o primeiro subirse ás táboas do teatro local, amosando un discurso crítico que daría as claves do devir da gala. Casais fixo balance dun 2013 "desastroso" para o teatro, un ano no "que non hai axudas e onde xa non hai nada que reducir nos orzamentos".
Unha mensaxe que ía dirixida ao palco de autoridades, no que tomaba asento o flamante director do Agadic, Jacobo Sutil. "Asistimos a un desmantelamento das artes escénicas e levamos moito tempo agardando por un presidente que nada ten que ver co teatro", aduciu Casais. O crítico discurso duraría durante as seguintes dúas horas, aínda que daba paso ao dúo presentador xa que "só nos pode salvar a ficción". Tras facer uso da ratsinal, Marcos Orsi e Xulio Abonjo, da compañía BaCaNa, subiron ao escenario baixo as personaxes de Ratman e Bobyn, erixidos como a solución ante a "emerxencia nacional".
Nun ton máis solemne foi a intervención do escritor e presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, encargado de ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. Nel advertiu que "toda agresión ao teatro, é unha agresión contra a cultura". A figura de Bolaño e Rosalía de Castro tamén estivo presente no discurso.
No apartado de premios, un total de dezasete producións teatrais aspiraban a conseguir un dos galardóns nas trece categorías nas que se dividen. "Viaxe a ningunha parte", de Sarabela Teatro, e "Tokio 3", de Voadora, partían como as favoritas con dez e nove nomeamentos respectivamente. Foi Voadora a que acabou subindo en cinco ocasións ás táboas para recoller a xerra coa testa de María Casares fronte as catro de Sarabela Teatro.
O actor Xosé Manuel Oliveira Pico –que non puido acudir ao festival– recibiu o galardón ao mellor actor protagonista pola súa actuación en "Kafka e a boneca viaxeira", da compañía Eme2 emoción&arte. Marián Bañobre recolleu, cun vestido que levaba bordado o slogan "Cultura contra a mentira", o premio á mellor actriz protagonista por "Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios", de Ibuprofeno Teatro.
A compañía Voadora levou o quinto premio pola dirección de Marta Pazos en "Tokio 3". O último galardón entregado, o de mellor espectáculo, decidiría se finalmente sería "Tokio 3" ou "Viaxe a ningunha parte" a obra máis premiada. Porén, colaríase entre as dúas "Nuncabunca", de Elefante Elegante SC. Foi o broche de ouro a unha gala chea de denuncias á Administración que quedarán na retina de moitos, como Pilar Pereira, que recibiu o Premio de Honra Marisa Soto.

Sociedad y Cultura

Johnny Depp, Charlie Sheen y Kevin Dillon
Depp, Sheen y Dillon celebran el 30 aniversario de ´Platoon´

Depp, Sheen y Dillon celebran el 30 aniversario de ´Platoon´

Los protagonistas de la cinta de Oliver Stone se reúnen en una fiesta que comparten en Instagram

Casi 250 personas han muerto ahogadas este año

El 81% de las víctimas han sido hombres - En lo que llevamos de julio ya han fallecido 36 personas

Descubre las cinco mejores heroínas del cine de acción

Descubre las cinco mejores heroínas del cine de acción

'Wonder Woman' es la primera en superar la barrera de los 100 millones en su estreno en EEUU

 
Enlaces recomendados: Premios Cine