ÚLTIMA HORA

A Real Academia adica o Día das Letras ao galeguista e filósofo Ramón Piñeiro

 
Ramón Piñeiro, nunha conversa. Imaxe do arquivo histórico. / magar
Ramón Piñeiro, nunha conversa. Imaxe do arquivo histórico. / magar 
 NOTICIAS RELACIONADAS
  O estudoso da saudade .  Sociedad y Cultura

A entidade resalta a súa "dedicación total e desinteresa da súa vida á defensa de Galicia"

M. MATO / VIGO O vindeiro ano, Ramón Piñeiro López (Láncara, Lugo, 1915- Santiago, 1990) convertirase no autor número trinta e seis ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Fundador da Editorial Galaxia e primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega (RAG) deu a coñecer onte que será o homenaxeado no 2009, el que fora escollido membro numerario da institución no ano 1967.
A Academia destacou "o seu labor como promotor da normalización da lingua galega nos anos difíciles da posguerra", o que quedou recollido en artigos e actividades. Tamén tivo en conta a "dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galicia e da súa cultura". A xuízo desta institución, esta defensa "debe ser unha referenza moral indiscutible e necesaria para as novas xeracións".
Como autor, a Academia resaltou os seus traballos sobre pensamento e filosofía, que versaron maiormente sobre a saudade entendida como morriña. Tamén destacaron as traducións das obras de Pokorny e Heidegger que realizou en colaboración con Celestino Fernández de la Vega.
Precisamente, estas traducións supuxeron un avance na normalización do galego como lingua que non só debía reducirse aos eidos da novela e da poesía, senón estenderse ás restantes áreas do saber. O seu labor ensaístico recóllese parcialmente nos libros "Olladas no futuro", "Galicia", "A linguaxe e as linguas" e "Lembrando a Castelao". Nestes textos, o seu pensamento retransmite "a necesidade da reafirmación cultural de Galicia para a súa realización como pobo", sinalou onte a RAG.

Love of Lesbian
El grupo catalán, que actuará el viernes en el festival PortAmérica de Nigrán, han respondido vuestras preguntas.Consulta el encuentro »

Gastronomía


Privat Evolució Chardonnay.
Privat Evolució Chardonnay.

24. Privat Evolució Chardonnay

PRIVAT EVOLUCIÓ CHARDONNAY tiene a sus espaldas un mínimo de 20/24 meses de crianza

Rosca de pescadilla en vinagreta.

Rosca de pescadilla en vinagreta

Descubre cómo preparar esta innovadora receta de una manera sencilla

Terrible 2011 Verdejo.

23. Terrible 2011 Verdejo

TERRIBLE 2011 VERDEJO es una provocación para mostrar que lo sencillo y lo cotidiano pueden tener...

Alcachofas con jamón.

Alcachofas con jamón

La alcachofa es un tipo de verdura que tiene la cualidad de asemejarse en sabor, una vez bien...

Tridente Prieto Picudo 2009.

22. Tridente Prieto Picudo 2009

Beber TRIDENTE 2009 PRIETO PCUDO es practicar un viaje hacia el sabor

Espaguetis con mejillones.

Espaguetis con mejillones

Te enseñamos como preparar esta receta perfecta para el calor en tan solo 23 minutos

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Información | La Opinión A Coruña | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya