Pese a que o Día das Letras Galegas xa é un data pasada, as actividades referidas ao idioma e á homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno, non rematan aínda en Poio.

Hoxe, entre as 16.30 e as 19.30 horas será o derradeiro día no que os cativos poidan achegarse á Biblioteca Municipal para disfrutar dun punto de interese especial sobre a autora da vila veciña de Pontevedra.

María Victoria Moreno foi moi prolífica en literatura infantil e xuvenil, polo que esta é unha boa oportunidade para que a rapazada coñeza algúns dos seus títulos e se achegue, deste xeito, á lectura en lingua galega.

Por último, mañá sábado, o Centro Cultural Xaime Illa de Raxó volta coller actividade. Neste caso será unha nova edición do PoioEscena 2018. A obra interpretada será Chumbalagatas pola compañía Aula Municipal de Teatro de Pontevedra. Comezará ás 21 horas. A representación contén diferentes números musicais e fala, entre outras cousas, da adicción aos teléfonos móbiles.