17 de mayo de 2018
17.05.2018

Paella solidaria no Parque do Espiñeiro e obra teatral en Vilalonga

17.05.2018 | 03:37

A Asociación Neen@s Sanxenxo vai celebrar hoxe, as 13 horas, no Parque do Espiñeiroa a segunda edición da súa Paellada solidaria. Con este evento a asociación recauda fondos para seguir becando as terapias de nenos cuxas familias non poden costealas e non perciben ningunha axuda.

Dada a data na que este ano se organiza, tamén celebran de xeito parexo o "Festival Das Letras Galegas 2018", onde haberá actuacións de grupos folclóricos como Os Cruceiros de Vilalonga, animación infantil, lectura, por parte dos asistentes e membros da Asociación de fragmentos das obras da escritora María Victoria Moreno. Tamén haberá unha exposición mural da biografía e obra de María Victoria Moreno e un "Photocall Muiñeiro".

O Concello tamén organiza hoxe, as 12 horas na Plaza Pública de Vilalonga, un acto no que participa a compañía de teatro Bandullo Azul que representará a obra "Mar adiante".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine