23 de abril de 2018
23.04.2018

María Victoria Moreno, protagonista do novo programa teatral da Deputación para os concellos

Seis espectáculos que estarán de gira a partir de maio version á autora, adaptan a súa obra para monicreques, poñenlle música...

23.04.2018 | 16:07
Cartel do espectáculo de Matrioshka Teatro Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos

Nunha data tan simbólica coma o Día do Libro a Deputación presentou unha das súas estrelas culturais do ano, o programa María Victoria Moreno A Escena! Chegará a todos os concellos demenos de 50.000 habitantes aos que chegarán seis espectáculos: Leonardo e os fontaneiros, Anagnórise, Mar Adiante, Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, Romance de Cans e Unha historia de amor.
Son en todos os casos aproximacións á vida e á obra da pontevedresa de adopción María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, ben sexa levando á escea seus textos, versionándoos para monicreques, poñéndolles música etc.

O Arquivo Provincial acolleu na mañá deste luns o acto de presentación deste novo programa co que a institución provincial tenta democratizar o acceso á cultura, "que calquera viva onde viva poda acceder ao teatro de calidade" suliñou o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, ao que acomparon no debut representantes de distintas compañías galegas que levarán adiante o ciclo.
Éste repartirase en ducias de espectáculos polos distintos concentros a partires do vindeiro maio e ata decembro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine