06 de abril de 2018
06.04.2018
ULTIMA HORA
Huelga de Justicia: preacuerdo entre la Xunta y cuatro sindicatos

O roteiro de María Victoria Moreno xa ten versión en papel

Percorre os principais lugares de Pontevedra cos que a profesora e escritora estivo vinculada

06.04.2018 | 13:28
Portada do roteiro.

O roteiro "Camiñadas con María Victoria Moreno", elaborado pola escritora pontevedresa e membro da Real Academia Galega, RAG, Fina Casalderrey, e Ana Acuña, xa conta cunha versión en papel. É o primeiro dos cinco que se organizan dende o Concello de Pontevedra que se leva ao formato físico. Permite facer un percorrido diferente pola Boa Vila que marcou a vida da escritora e profesora do IES Torrente Ballester.
María Victoria Morena, cacereña de nacemento, sentiuse moi vinculada sempre á cidade que a acolleu cos brazos abertos, así como á súa lingua, que asumiu como propia, como ela mesa confesaría en numerosas ocasións: "Aquí comecei a vivir en serio, por iso coido que Galicia é a miña terra. A miña relación coa lingua é simplemente una historia de amor".

É, tamén, a primeira vez que un dos roteiros de Normalización Lingüística sae do casco histórico. Percorre aqueles lugares importantes para a homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas: Ponte da Avenida de Vigo, a Avenida de Vigo, Campolongo, o río Gafos, rúas da Oliva, García Camba, Augusto García Sánchez, Marqués de Riestra e tamén emprazamentos do casco histórico, como as súas prazas e o Liceo Casino, onde fixo historia ao converterse na primeira muller que deu unha conferencia en galego en público.

A publicación inclúe dúas posibles opcións de roteiros, unha reducida e outra ampliada.
O roteiro pode facerse en grupo contactando co Concello de Pontevedra; tamén no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se inaugura esta tarde no Pazo da Cultura.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine