A Asociación Queremos Galego Marín continua co seu ciclo de actos "o galego máis alá da literatura" cunha charla sobre os alcumes de Marín nos anos 50 o vindeiro 16 de marzo ás 20 horas no Museo Manuel Torres. Os alcumes ou alcuños son os nomes que se lle dá coloquialmente a unha persoa ou familia, xurdido polas razóns máis diversas, con ou sen o beneplácito de quen o porta, e que pode tomar como base as características físicas ou morais, reais ou inventadas deste.