A académica, cineasta, xornalista e catedrática Margarita Ledo Andión recibirá o vindeiro luns, día 5, coincidindo co 130 aniversario do nacemento do escritor, o Premio Ramón Otero Pedrayo. A cerimonia de entrega terá lugar no Sexto Edificio ás 19.30 horas nun acto aberto ao público. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, encabezarán o acto, qe contará coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e coa da académica e escritora, Fina Casalderrey.

Ésta será a encargada de glosar a figura da persoa gañadora no ato, no que as intervencións musicais correrán a cargo do dúo feminino 'Xonxas'.

Os voceiros da Deputación que Margarita Ledo se converterá na primeira muller á que se lle outorga o Premio Otero Pedrayo nos 40 anos de historia do galardón. "Ademais de coincidir co aniversario do nacemento de Otero Pedrayo, o vindeiro luns comeza a semana na que se reclaman os dereitos da muller, e pareceunos moi acaído aproveitar o simbolismo de ambas datas atendendo á premiada desta edición e ao que significa na historia deste galardón" indicou Xosé Leal ao respecto da elección da data.

O Otero Pedrayo (no que a proposta de galardoar a Margarida Ledo foi aprobada por unanimidade) premia unha contribución eminente á cultura galega, e promove os valores propios de Galiza e as obras que leven á melloría dos seus habitantes e institucions.