O Concello de Cuntis, a través da súa Concellería de Cultura, Patrimonio e Turismo, estará presente un ano máis no Culturgal, a Feira de Industrias Culturais que se celebrará en Pontevedra entre os días 1 e 3 de Decembro de 2017.

No stand que a Deputación de Pontevedra puxo a disposición dos distintos municipios da provincia, o Concello de Cuntis estará presente a través de toda unha serie de merchandising e material promocional para achegar aos visitantes toda a vida cultural e turística que se desenvolve neste Concello.

Igual que en anos anteriores, o concelleiro Enrique Portela presentará algunhas das actividades que se levan a cabo no Concello de Cuntis, neste caso no eido da lingua galega, da difusion e fomento do noso idioma. Esta presentación terá lugar o sábado 2 de decembro ás 18 horas e nela presentaranse aos visitantes a Festa das Letras, o gran evento en torno a lingua galega que o Concello de Cuntis celebra para festexar o día das nosas letras o 17 de maio.

Tamén se divulgará o Premio de Investigacion Olimpio Arca Caldas, un proxecto de difusión de Cultura e da lingua posto en marcha dende o Concello.