Un percorrido pola vida e obra do escritor ourensán, con paradas nas súas principais creación pero tamén nos seus afectos e afeccións e o seu activismo cultural en favor do galego e das artes. Trátase da proposta de "Os mundos de Carlos Casares", a mostra central para conmemorar as Letras Galegas 2017.

A exposición abre as súas porta esta tarde no Edificio Sarmiento do Museo, onde poderá visitarse ata o vineiro día 26, e a organización suliña a súa "novidosa proposta expositiva", con soporte audiovisual, ademais de paneis textuais explicativos, obxectos cotiáns, documentos e pezas históricas e fotografías orixinais, "encadrados nun fondo histórico que permite coñecer mellor a época que lle tocou vivir a Casares".

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que na mañá deste mércores acompañou ao fillo do escritor Christian Casares, na presentación da acción cultural e tamén ao deputado provincial de Cultura Xosé Leal, á concelleira de Cultura de Pontevedra Carme da Silva e a Chus Martínez, comisaria da mostra, salientou o interese da proposta para lle "achegar á cidadanía a vida e a obra dunha figura central da literatura galega", ao tempo que incidiu no interese das diversas iniciativas desenvolvidas durante todo o ano ao abeiro das Letras Galegas para afondar no legado do escritor ourensán.

A mostra abrirá ás 19 horas cun acto no que participará o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín Carrera, en representación da Xunta.