Portonovo acollerá o concierto dos grupos Pelepau e Ruxe Ruxe o vindeiro sábado, día 16. Enmárcase dentro del "II Concerto pola Lingua e terá lugar o próximo sábado 16 de setembro terá lugar na explanada da piscina municipal.

No ano 2016 dende o departamento de Cultura se pon en marcha o I Concerto pola Lingua do Concello de Sanxenxo, coa intención de apostar pola dinamización e uso da lingua galega en todos os ámbitos. Non cabe dúbida que o galego está presente nos momentos de lecer e que mellor oportunidade para desfrutar del que sexa a través da música. Así chega a II edición do concerto pola lingua a través da liña de subvención da Deputación de Pontevedra para a promoción e desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega pola que recibe unha axuda de máis do 50 % do orzamento.

Ruxe Ruxe é unha das bandas senlleiras do punk-rock galego con xa máis de duascentas cancións orixinais publicadas na lingua de Rosalía e Castelao. Dende os seus inicios no ano 96, teñen no seu haber 11 LP´s no mercado. Ruxe Ruxe foi, é e será unha banda de culto. As súas cancións son banda sonora en películas, anuncios de TV e programas deportivos. Son xa parte fundamental da música en galego.

Pelepau nace en Vigo, no 2010, formado por 12 percusionistas todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de recoñecida traxectoria no panorama musical galego. Fío e agulla é o título do último disco que ven de editar o grupo.