O Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo promove un programa formativo para mellorar ese sector. Trátase dun tipo de metodoloxía de formación-acción. Esta iniciativa, que se desenrola desde o mes de xullo ata outubro,consiste nun programa formativo de carácter práctico que busca reforzar o empoderamento do sector de viticultores e adegueiros da zona comprendida na IXP "Ribeiras do Morrazo", querendo fortalecer o desenvolvemento desta figura de protección de calidade.

Ademáis estas xornadas queren impulsar a xeración de iniciativas de emprendemento e emprego ligadas ao mundo da viña e do viño, así como capacitar a diferentes axentes vinculados á produción, transformación e comercialización, en diferentes técnicas para conseguir unha mellora na calidade do viño, así como tamén queren reforzar e cohesionar ao sector viticultura. O xerente da GDR apunta que "traballamos na posibilidade de darlle valor a estas terras ademais de reforzar e dinamizar ao sector con alternativas de emprego"

Este programa formativo desenvolverase en tres áreas específicas. Realizarase a planificación estratéxica para a consolidación da IXP Ribeiras do Morrazo, na que se abordará unha visión da realidade social do sector, tratando a súa consolidación e as potencialidades que ten como elemento dinamizador social, económico e ambiental. Tamén se tentará formar ao colectivo na importancia de impulsar actividades dunha maneira colaborativa, para conseguir reforzar á IXP como estrutura social e organizativa, buscando a mellora dos intereses comúns, "consideramos que esta é a base do éxito" aclara Tobío. . E, por outra parte, realizarase unha área destinada a que os profesionais da viticultura adquiran unha serie de competencias profesionais, para preparálos cara as necesidades que pide a IXP.