Unha nova edición, e xa é a terceira, do Maratón Fotográfico tivo lugar onte en Pontevedra e de novo cunha elevada participación. A iniciativa, ao coincidir no mes de maio coa celebración das Letras Galegas, estivo adicada este ano á lingua.

Por elo, os organizadores plantexaron aos participantes que as fotos foran sobre tres temáticas inspiradas en obras de Carlos Casares: "Xoguetes para un tempo prohibido", "O sol do verán" e "Un país de palabras". Esta última categoría foi ademais a elexida para que traballaran sobre ela as 8 familias que participaron no certame que este ano se abría tamén aos máis pequenos. A partir do 5 de xuño e ata o 16 poderánse ver as fotografías do maratón nunha mostra na Casa da Luz. Ademais dun premio do xurado haberá un do público.