O Pazo Emilia Pardo Bazán encheuse de veciños para apoiar e festexar os 25 anos da asociación cultural Abiñadoira. Actuou a Agrupación que contou coa presencia de excompoñentes do grupo.

A súa labor sempre estivo centrada na interpretación da música, cantigas e bailes tradicionais, pero as inquedanzas culturais de moitos dos que compoñen Abiñadoira dende os seu inicios fan de esta Asociación Cultural un referente no que á difusión e promoción culturais se refire.

O seu obxetivo é a promoción, difusión e coñecemento da música e do baile tradicionais pero tamén doutros aspectos da nosa cultura. De este xeito, ao marxe do ensino ou das actuacións propiamente ditas, Abiñadoira celebrou xa, o pasado mes de xuño, a XXIII edición da Semana Cultural.

Ao longo de todos estes anos a Semana Cultural conxuga música e baile tradicionais con outros días adicados ao teatro (infantil e para adultos), aos xogos tradicionais, ás labores artesanais, ? Ademáis dunha exposición, na que tenta amosar cada ano distintas facetas da cultura, do arte, e mesmo do coñecemento.

Cabe destacar exposicións como as de traxe tradicionais, pintura, a dos "niños de paxaro" que sempre con tan boa disposición lles cedeu o profesor Hermida; aquela dos insectos disecados, a dos aparellos de labranza, os do mar ? e como non, a de fotografías antigas da vila de Sanxenxo, imaxes que foron recopiladas grazas á colaboración dos vecinos de Sanxenxo por membros da asociación durante moito tempo, e que tivo como froito a publicación do libro "Albores de Sanxenxo" no ano 2000.

Esta Semana Cultural, remata cun fin de festa moi especial para Abiñadoira, a Romería.

Co mesmo carácter anual nace da man de Abiñadoira a revista "A Tecedeira". Abiñadoira imparte, ao longo de todo o ano clases de música, baile, pandeireta e canto para todalas idades. Para elo conta con mestres especializados, sendo actualmente Xurxo Fernandes (baile, pandeireta e canto) e Nacho Gonzalez (gaita e percusión) quenes imparten as mesmas.

Ademáis Abiñadoira organiza anualmente outros cursos, como son: encaixe de bolillos, bordado ao aire ou ganchillo. Recentemente, organizou dous cursos intensivos que despertaron o interese de moitas persoas dentro e fora do Concello de Sanxenxo, como foron o curso de construcción de pandeiros impartido por Xan Maceda, e o curso de colares tradicionais por Belén Vázquez. En ambos casos fixéronse duas sesión para poder dar cabida a todo os interesados.

Ao longo destes anos Abiñadoira actuou en distintos puntos das xeografía galega, así como en Asturias, Zaragoza, Sevilla, i especialmente en distintos puntos de Portugal.

No ano 2011 estrea o musical tradicional "A Taberna das Roxas" ambientado nos anos 40 en Galicia, en colaboración co grupo Noutrora de Ribadumia e baixo a direción de Xurxo Fernandes. Este espectáculo musical supuxo unha novidade moi importante no eido da música e o baile tradicionais, pola sua posta en escea, a caracterización dos músicos e bailarins, a teatralidade unida á música e baile tradicionais.

Abiñadoira ten previsto continuar con este traballo, así que esperamos que "A Taberna das Roxas" volte abrir a súa porta proximamente.Outra das actividades xa habituais ao longo do ano, é a celebración dun festival de Nadal seguido dunha cea de confraternidades.

Asimesmo, farase un repaso fotográfico destes 25 anos.