17 de noviembre de 2016

Máis de 4.000 metros de orgullo da cultura galega

Culturgal 2016 incluirá 150 actividades para todos os públicos

17.11.2016 | 13:45
Máis de 4.000 metros de orgullo da cultura galega

O sectores do libro, a música, o audiovisual, as artes plásticas, a artesanía, novas tecnoloxías, da xestión cultural ou do fomento da lingua terán cabida, un ano máis, no Cultugal, a feira das industrias culturais, que neste 2016 leva por lema "Cultura, comunidade, futuro" e que agarda recibir na súa novena edición a máis de 15.000 visitantes.

Celebrarase os días 2, 3 e 4 do vindeiro mes de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, cidade anfitriona da feira dende fai 8 anos, e de novo será unha gran xanela para mostar os produtos, servizos e en xeral todo tipo de propostas da comunidade cultural galega, "diversa, plural e capaz de contaxiar orgullo colectivo", resumiu o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado.

Éste acompañou esta mañá ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, á concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, ao deputado provincial de Cultura, Xosé Leal é ao director da feira, Xosé Aldea, na presentación da intensísima programación, que incluirá 150 actividades para todos os públicos e que terá ata 4 escenarios funcionando á vez. O familiar é un dos grandes motores é ó que se dirixen boa parte das propostas (desde contos a proxetos musicais, monicreques, cancións etc) pero tamén o especializado e profesionais, xa que varias asociacións celebrarán na feira as súas mesas de debate e análises.

Un total de 81 entidades repartiranse en 101 estands ata ocupar todo o recinto feiral, de máis de 4.000 metros de superficie, nunha edición na que aumenta a representación de novas empresas e emprendedores. Éstes sumanse ás grandes compañías e institucións habituais da feira.

O espectáculo central será o día 4 e o seu protagonista será o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, que presentará "Paralaia", o espectáculo no que da a coñecer a nova versión remasterizada do seu primeiro disco e co que estará de xira en 2017. Participará como convidada especial Mercedes Peón.

Tanto Xosé Manuel Budiño coma os organizadores tiveron unha lembranza para o recentemente falecido Fran Pérez Narf. "Sin dúbida vai a ser o Culturgal de Narf", destacou o gaiteiro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

Joselu desarbola al Coruxo en A Malata

Joselu desarbola al Coruxo en A Malata

El delantero del Racing de Ferrol anotó cuatro de los cinco goles de su equipo - Los vigueses...

Un incordio, un recurso y un rematador

Un incordio, un recurso y un rematador

Estuvo correcto en las pocas intervenciones que tuvo que hacer. Atento en los balones divididos y...

Emotivo minuto de silencio y recuerdo para Filipe Machado

Emotivo minuto de silencio y recuerdo para Filipe Machado

El pasado martes la trágica noticia del accidente aéreo del Chapecoense brasileño entristecía al...

´Corregimos cosas en el descanso´

´Corregimos cosas en el descanso´

"Sabía que con el cambio de sistema íbamos a ganar, o por lo menos a mejorar mucho"

El Marcón cae con estrépito en O Carrasco

El Marcón cae con estrépito en O Carrasco

El Marcón Atlético cayó con estrépito ante el Domaio. El conjunto lerezano comenzó con el pie...

 
Enlaces recomendados: Premios Cine