A Asociación Queremos Galego Marín organiza por cuarto ano consecutivo un magosto, no que repartirá uns cen quilos de castañas entre as persoas que se acheguen á Praza do Reloxo (no caso de chuvia o magosto sería no multiusos da praza de abastos) a partir das 17.00 horas. Será o sábado 19 e como en anos anteriores, ademais de castañas asadas de balde, haberá para os máis pequenos, e non tanto, xogos populares, coa asociación Gharaboto.