A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio presentou esta mañá na cidade de Pontevedra a campaña "Máis claro auga", coa que se fai fincapé na necesidade de facer un uso responsable da auga.

A secretaria territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, Ana Ortiz, visitou onte á mañá o expositor informativo instalado na Praza da Peregrina, onde sinalou que o obxectivo primordial desta iniciativa é informar aos cidadáns de cómo pode contribuír ao aforro de auga no seu día a día. O expositor informativo instalado na rúa está a proporcionar durante todo o día de hoxe consellos para o aforro de auga e distribuiranse redutores de caudal.

Neste sentido, destácanse pequenas accións tan sinxelas como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán, no que se deixan de usar as vivendas habituais; ou instalar nos billas dispositivos de aforro de auga.

Ana Ortiz defendeu que é importante non desperdiciar a auga, xa que ademais de traducirse nun aforro importante de cartos para familias; garante a dispoñibilidade de auga a medio prazo, e é vital para a preservación dos hábitats e ecosistemas fluviais

A campaña vai encamiñada a acadar un aforro de agua maior co que temos agora en Pontevedra.