Alfredo Conde presentará o vindeiro día 28 na librería Cronopios a obra "El Beato", pola que recibiu o 62 Premio de Novela Ateneo Ciudad de Valladolid.

-Di que este é un libro coma calquera outro

-Claro (sorrí) é un libro dos que escribimos os que escribimos libros e eses libros son novelas, un día tes unha noticia dun personaxe, indagas sobre él e dis qué novela ten este personaxe, e faslle unha novela, é así.

-Quen é o protagonista?

-É un trasunto dun personaxe real que emigrou a México no século XVI, en plena época de Cortés, alí fíxose multimillonario, porque non era un conquistador senón un emigrante galego e despois rematou por ser beato da igrexa católica; e entón en alguna medida é unha reflexión entre o que contan as haliografías, que a min parecenme ciencia ficción todas elas, e a realidade da vida, os motivos da santidade contemplados con certo humor e algunha irreverencia (sorrí).

-Cando decidiu facerse escritor?

-Eso non o decide un, ven rodado. Eu empecei a ler moi cedo, recordo perfectamente o día en que dixen xa ser ler porque a min aprendeume a ler miña nai e un día púxome na man un libro de narracións que estaba impreso con distintos tipos de caligrafías, con varios tipos de letras coma se fora un manuscrito, e cando rematei de ler dixen se entendo todas estas letras así é que xa sei ler moi ben. E eso sucedeu nunha casa na que vivíamos na Virxe do Camiño, que xa non existe, e da que nos fumos tendo eu 5 anos, así que antes desa idade xa souben ler con esa perfección. E vía historias, unhas me gustaban e seguíaas prolongando coa imaxinación, e outras non me gustaban e cambiáballes o final, imaxinaba outro, ata que un día debín de decir, bueno por que non as escribo eu, e empecei a escribilas.

-Paga a pena ser escritor?

-Xa pagou máis (risas) porque agora pagan menos, pero un escolle un camino e o remata, eu a estas alturas xa non pensó cambiar.

-Sente que Pontevedra é a súa cidade?

-A miña familia é orixinaria de Ourense e veuse, meu tío tiña esa farmacia de ahí (sinala á botica situada na esquina das rúas Riestra e Oliva) e despois veu meu pai, meu tío Raúl que logo marchou, e a miña familia leva en Pontevedra igual 80 anos, e sempre que se fala se son de Ourense ou de Pontevedra eu son de Ourense dun internado, dunha familia alaricana, pero cando se empeza a falar de familia e de cousas vividas eu son de Pontevedra; entón quizás por eso sexa un pouco zascandil e apátrida no maior sentido da expresión, porque síntome de moitos sitios e en realidade non se de onde son xa, no sitio donde máis tempo levo vivido é donde vivo, en Brión, levo ahí 25 anos, nunca vivín tanto tempo seguido en ningures.

-Que lle parece a evolución desta cidade?

-Gústame moito Pontevedra tal e como está paseala, é unha cidade agradabilísima para pasear, xa é un pouco máis fodido entrar en coche, pero é unha cidade fermosa, foino sempre. Perdeu aquelas aforas maravillosas que tiña cando eu era neno, aquel Monteporreiro de entón, A Parda de entón, A Caeira de entón, todo Lourizán, eu aprendín a nadar en Lourizán, cando había mar alí, e despois asistín á construcción da carreteira que pasa polo mar, que é a que vai a Marín. Aquela Pontevedra era moi fermosa en tódolos sentidos, esta de agora perdeu as aforas que eran realmente sorprendentes.

-Presenta hoxe (por onte) en Pontevedra dous premios de xornalismo ¿imos a peor no xornalismo?

-Esto da para unha tese, pero eu creo que si, que imos a peor, desde que se inventaron os gabinetes de prensa e os periódicos recortan e pegan a profesión de xornalista xa non é o que era, cumprese nos gabinetes de prensa dos ministerios, das consellerías, dos concellos, das grandes e pequeñas empresas, está prácticamente todo feito. E a aparición de Internet pois tamén leva afectado. Eu son dos que confía en que pervivirá o papel, como pervivirá o libro, ao mellor outra vez reducido ás minorías como foi sempre, porque eu estou convencido de que regresamos á Idade Media, a un modelo que pode ser o chino ou o norteamericano, pero en calquer caso unha Idade Media cunha minoría moi enriquecida e unha gleba de esclavos robotizados, non son moi optimista nese sentido. E ese contexto o xornalismo non é o que era claro, como non o é a literatura ou non é nada como era: eu tiven unha nenez moi semellante á de meu pai, meu abó ou bisabó, pero a nenez das miñas fillas xa non tivo nada que ver coa miña, o mundo é outro.

-A súa xeración foi a que oxixinou este mundo

-Si, eu non podo decir que nos collera desfasados porque este mundo fixémolo nós, os da miña xeración, a Internet, os ordenadores, todo eso non é cousa dos rapaces novos, é cousa nosa; a miña xeración cambiou o mundo e aínda así nos está collendo de sorpresa, a quen non collerá xa de sorpresa de momento é as xeracións máis novas, coitadiñas o que lles queda.