| Coa poesía de Manuel María, autor homenaxeado nesta edición do Día das Letras Galegas, o Xaime Illa acolleu un encontro poético organizado pola Asociación de Escritores e Artistas Españois coa colaboración da concellería de Cultura. O espazo tamén tivo un oco para outro gran literato como foi Miguel de Cervantes polo 400 aniversario da súa morte.