| A praza de Pascual Veiga foi o escenario do principal acto do Día das Letras Galegas adicado a Manuel María. Unha lectura pública dos seus poemas na que participaron o alcalde e membros do goberno local. A música correu a cargo do grupo "Onte e Hoxe". O acto na praza rematou coa interpretación da Banda de Música de Sanxenxo do himno galego. Pola tarde, neste mesmo recinto, a asociación cultural Abiñadoira organizou xogos que baixo o título "A búsqueda das palabras perdidas" ofreceu actividadees en grupo para rapaces co obxecto de fomentar o uso do galego.A xornada de onte tamén se festexou nas parroquias e así a asociación de veciños de Dorrón programou a "III Marcha Cicloturística a Dorrón que percorreu diferentes lugares, sobre todo por pistas rurais. Noalla tamén celebrou o seu Festival das Letras Galegas, na casa forestal de As Canteiras.