O proxecto teatral e literario ideado por Os Quinquillás e Editorial Galaxia a partir do "Espantallo Amigo" de Xosé Neira Vilas volve hoxe a Sanxenxo. O alumnado do CEIP de Portonovo e do CPI Bizocas do Grove gozará a partir das 11 horas, no Auditorio Pardo Bazán, con este clásico da literatura infantil galega. Na versión teatral de Lucho Penabade e Tero Rodríguez, os nenos que conseguiron superar a miseria grazas á xenerosidade do espantallo amigo queren facer, ya de adultos, unha montaxe teatral que explique o sucedido.