Luís Davila e Migallas reciben os Xoán Manuel Pintos polo fomento do galego

-O humorista gráfico do FARO foi premiado polo seu traballo diario a través do Bichero -A compañía teatral recibiu o recoñecemento pola súa traxectoria da man da lingua

27.02.2016 | 05:57
Luís Davila e os compoñentes de Migallas Teatro (centro), acompañados dos concelleiros. // Rafa Vázquez

O humorista gráfico de FARO Luís Davila e a compañia de teatro Migallas recibiron onte os Premios Xoán Manuel Pintos 2016.

O acto de entrega dos galardóns tivo lugar nunha gala que se celebrou no Pazo de Mugartegui e que contou coa presenza, entre outros, do concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña Piai, e da tenente de alcalde, Carme da Silva.

Luís Davila, autor da viñeta O Bichero, publicada a diario en prensa, foi o primeiro en recoller o premio, que no seu caso lle foi entregado pola súa capacidade de comunicación a través do seu traballo. "A través do seu traballo a nosa lingua recupera e ve dignificados os rexistros máis populares, transmite e valora as novas do día, reflicte a nosa cultura e a nosa idiosincrasia e fai que cada día miles de persoas busquen nas súas viñetas en galego a denuncia social atinada e a crónica actual a través da retranca do humor", tal e como asegura o xurado dos premios na acta, que onte foi lida por Anxos Sobriño, membro da Corrodinadora de Traalladores de Normalización da Lingua.

"O seu traballo O Bichero chega ao público a través de diferentes soportes: prensa diaria, libros en papel, redes sociais...máis tamén se espalla nos grupos privados de conversa achegando a lingua galega tamén a persoas que non a usan decotío", considerou o xurado.

O propio Luís Davila recoñecía tras recibir o galardón, enmarcado para a ocasión, que dende que comezou a debuxar O Bichero en 1998 tivo claro que tiña que ser un xeito de "reflectir o xeito de ser dos galegos e a súa idiosincrasia". "Moitas das viñetas non terían o mesmo sentido se non foran escritas en galego", explicou ante o público.

O artista quixo adicar o premio aos seus pais, "que sempre me apoiaron", e á súa dona, "que sempre está comigo cando estou de bo humor e de mal humor", dixo facendo unha chiscadela á súa muller.

Pola súa banda, María Campos e Carlos Yus, de Migallas Teatro, recoñeceron estar tan nerviosos como contentos por recibir un galardón como o Xoán Manuel Pintos.

"Non sabíamos que facer. Decidimos poñernos un pouco guapos, estilo boda", dixo a actriz entre os risos do público.

A parella, tanto no ámbito profesional como no persoal, adicou o premio aos maiores. "Aos nosos maiores, ás nosas raíces. Á avoa Manuela, á tía Pilar e a todos os maiores que nos atopamos polos camiños das aldeas", comentou emocionada.

A creadora de Migallas confesou que aínda que de nena escoitaba o galego na súa casa, con ela, como era habitual con todos os nenos por aquel entón, falaban en castelán. "Eu sempre escoitei no piso de arriba o galego, e agora sei que temos que loitar porque o galego estea en todos os pisos", dixo.

Así mesmo, Carlos Yus lembrou que os seus pais eran naturais de Aragón e o País Vasco. "Viñeron a vivir a Galicia e aquí comezaron a nacer os filliños, que aprendimos a lingua", comentou. "Cantos máis idiomas saibamos, mellor", engadiu.

"Eu tamén quero agradecer a Carmen da Corredoira e a Nieves, a miña profesora da Escola de Idiomas en Madrid", afirmou.

Uns dos momentos máis emotivos tivo lugar cando a parella adicou, ademais, o premio ás súas fillas, aínda que só unha delas, Beatriz, puido asistir onte ao acto. A rapaza non puido evitar as bágoas tralas palabras dos seus pais.

"En resumo, queremos adicarllo a todos os pais e nais que lles falan en galego aos rapaces. Na vindeira edición, o premio hai que entregarllo a eles", concluiron.

A gala estivo amenizada pola actuación do dúo de arpa e voz composto por "Primordiais", que entre outros temas, musicaron uns versos do poeta Martín Codax.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine