A Biblioteca acolleu o acto central de Nós-Candidatura Galega coa presenza do candidato ao senado pola provincia de Pontevedra, Xosé Collazo e da portavoz do BNG en Europa Ana Miranda.

O acto comenzou da man de Maríola Fernández, quen destacou a "hopocrisía das forzas todas as forzas estatais ao celebrar unha suposta soberanía e unidade de España ao tempo que obrigan aos barcos galegos a cambiar de bandeira para poder pescar en augas da UE".

Ana Miranda destacou o traballo do nacionalismo galego en Europa e en Madrid a favor de Galicia: "Os afectados polas preferentes, os emigrantes retornados, os traballadores da pesca e do agro, os autónomos, as mulleres galegas, todos poden dar fe de que foi o nacionalismo galego quen os defendeu cando desde Madrid ou Bruxelas nos queren castigar".

"Os problemas non se arranxan chorándolles aos de Madrid cada vez que veñen aquí en campaña electoral. Os problemas arránxanse defendendo o dereito de Galiza a producir, porque non queremos esmolas, quereremos traballar e vivir na nosa Terra e temos dereito a decidir o noso futuro", afirmou Xosé Collazo.