Miriam Aller, de Entresignos, é intérprete de lingua de signos e está durante toda a fin de semana no posto de Información do Culturgal para facilitar a achega da feira a persoas con discapacidade auditiva.

É o segundo ano que participan no Culturgal. "A demanda vai aumentando pouco a pouco porque é unha cuestión de difusión. Nós o que queremos é que saiban que hai aquí persoas que coñecen a linguaxe de signos e lles ofrecen a oportunidad de facer unha vistia guiada", explica.

"Pensamos que todo o mundo ten dereito a ter acceso á cultura, e o colectivo de persoas xordas non vai ser menos. Por iso estamos aquí", engade.

Entresignos aporta dúas guías ao Culturgal que ofrecen un percorrido por toda a feira e a oportunidade, se os visitantes en cuestión están interesados, de interpretar algunha actividade en concreto.

Miram Aller recoñece que o mundo da cultura en xeral está moi pouco adaptado para as persoas xordas. "É moi poco frecuente atopar a intérpretes nos eventos culturais, como obras de teatro, por exemplo. Isto non debería ser unha novidade. En todas as feiras, como as de emprego, ou conferencias, é precisa esta figura", afirma.

"O Culturgal é unha cita moi interesante que permite o contacto directo cos autores, artistas...", conclúe.