O historiador Francisco Carballo, que traballou arreo para difundir a historia de Galicia e que loitou pola transformación social do país, recibiu onte a título póstumo o décimo Premio Galiza Mártir.

A entrega celebrouse no almorzo de confraternidade que deu paso ás homenaxes no cemiterio de San Amaro, onde o líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, participou na ofrenda floral.

Posteriormente celebrouse un acto político na praza de Curros Enríquez co que se despediron as celebracións, nas que o líder do BNG, Xavier Vence, solicitou unha vez máis a institucionalización do Día da Galiza Mártir a xeito de "recoñecemento e reparación moral de todos os asasinados tanto na guerra como posteriormente". Lamentou que esta institucionalización que "levamos anos propoñendo no Parlamento por culpa do Partido Popular aínda non pudo levarse á efecto, é unha reparación necesaria dos que loitaron pola democracia e pagarono coa súa vida".