Con gran peso simbólico, dentrado na promoción da nosa identidade, pero tamén real, a cutura é un sector estratéxico para Galicia, como lembrou esta mañá o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, na presentación da nova edición de Culturgal, a feira das industrias culturais do país, que se celebrará en Pontevedra do 5 ó 7 de decembro.

Un ano máis, será o gran escaparate da cultura e nel terán cabida desde o sector do libro ás artes escénicas o audiovisual ou as novas tecnoloxías, pero tamén novas ofertas como a gastronomía. Ésta será unha das novidades da edición 2014, segundo avanzou o director de Culturgal, Xosé Manuel Aldea.

Éste explicou que a cociña terá por primera vez un lugar específico para presntar novidades literarias, músicais ou escénicas relacionadas con ela e no que se celebrarán espectáculos de showcooking.

"Somos conscientes do motor económico que supón", engadiu ó explicar que se busca que a feira xenere sinerxias e productos culturais novidosos vincualdos á gastronomía.

Outra das novidades do Culturgal será que por primeira vez o acceso será de pago. O asistente pagará unha entrada simbólica (2 euros os adultos e 1 os nenos) a fin de afondar na corresponsabilidade "e implicación do público, que é vital para a sostenibilidade da feira", sinala o director.

Éste acompañou ó conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, á concelleira pontevedresa Anxos Riveiro e ó presidente da Asociación Culturgal, o editor Manuel Bragado, na presentación do certame, que xa abriu o prazo para solicitar estands e facer propostas artísticas. Tamén está aberta na web do Culturgal