Oito grupos e DJ protagonizarán a vindeira edición do Galegote Rock, un festival galego e feito en galego que se desenvolverá a partires do vindeiro día 24 e ata o 26 na Sala Karma e en El Pequeño.

Os primeiros convidados serán o vindeiro día 24 A Banda do terror (as portas abriranse ás 21 horas e unha hora máis tarde comezará o concerto) e DJ Xabarín de Bora, que ofrecerá á medianoite unha sesión con clásicos do rock e un "especial Xabarín".

Nestas dúas primeiras actuacións, que se desenvolverán en El Pequeño, as entradas serán de balde, non así a do concerto que ofrecerán ó día seguinte na Sala Karma os grupos Machina e Transilvanians.

As portas abriranse ás 22 horas. Media hora máis tarde comezará o concerto e as entradas venderanse a 4 euros.

A medianoite tomará o relevo O fillo do Fiusa DJ, que ofrecerá una sesión indie e rock de bandas galegas en El Pequeño, con entrada de balde.

Na derradeira sesión a Sala Karma será escenario dos concertos de Familia Caamagno e Frenaso no calsonsillo a partires das 22.30 horas, con entradas á venda a 4 euros.

Pola súa banda, El Pequeño acollerá a medianoite a sesión de rock e indie de DJ Nano Vinilo, con entrada de balde.