A plataforma cívica Galiza Pola Soberanía pesentará o seu proxecto hoxe na Casa da Cultura de Seixo, ás 20.00 horas. "Galiza pola Soberanía é unha organización democrática no seu funcionamento e asemblearia na súa estrutura, integrada por persoas adheridas individualmente, que buscan a toma de conciencia do pobo galego nun proceso de construción nacional cara unha soberanía plena como nación", expón a plataforma. Trátase dun colectivo independente doutras organizacións, "alicerzada nos movementos populares e sociais do país e a bisbarra". Fan un chamamento á participación das persoas interesadas neste movemento.