Raxó centrou a xornada a prol da lingua propia, pero dun xeito que foi máis aló, buscando compromiso a través de diferentes vertentes. Nun día no que se rendeu homenaxe ao escritor Roberto Vidal Bolaño, foi o centro cultural que leva o nome doutro literato comprometido co galego o que centrou as actividades no municipio. O centro cultural Xaime Illa Couto acolleu a entrega dos premios do certame que tamén leva o nome deste último autor. As súas inmediacións foron testigo, por outra banda, da carreira popular "Pola lingua".

Foi esta a que deu comezo áo día conmemorativo das Letras Galegas. Decenas de rapaces fixeron un breve recorrido que partiu dende o peirao de Raxó. Na cita participaron alumnos dos diversos centros educativos. Tamén estivos os de menor idade, con só tres anos. Esta nova edición da proba deportiva busca amosar o vínculo e apoio entre deporte e idioma, profundizando na idea de levar a promoción do galego tamén a outros ámbitos diferentes aos que habitualmente se teñen como referencia para estas campañas. Ao final da proba os corredores acudiron a sesión de contacontos que a Concellería de Cultura preparou para esta ocasión. Propostas que se uniron as desenrolado ao longo de toda a semana con xogos populares, concertos ou exposicións.

Xa pola tarde, o salón de actos do centro cultural acolleu una conferencia sobre o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas, charla que correu por conta da articulista María Canosa. As súas verbas foron a antesala da entrega do certame literario. Nesta edición, na que se eliminou o límite de idade, bateuse o récord de participación, con más de 140 traballos presentados.

O xurado entregou os premios que xa foran anunciados. Na primeira categoría, de 6 a 8 anos,o premio en poesía quedou deserto, mentres que en relato correspondeu a Laura Isabel Casalderrey, do CEIP Isidora Riestra. Uxía Castro, do CEIP Lourido, e Belén Quintillán, de Chancelas,venceron en poesía e relato, respectivamente, na idade de 9 a 11.Paula Pereira, de Viñas, foi a dobre gañadora na categoría de 12e 13 anos. Carmen Ansín, do IES de Poio, logrou o recoñecemento en poesía e Carolina Muñiz,do SEK,no relato do grupo de até 15 anos. No grupo de 16 a 18, as alumnas do IES Cristina Carballa e Patricia Pérez impuxéronse en poesía e relato, respectivamente.

Por último, entre os maiores de idade, o pontevedrés Xosé Manuel Esperante, de 38 anos, logrou o premio poético. Rosalía Pazos, veciña de Poio de 24 anos,asina o relato seleccionado nesta categoría.