A maioría do patrimonio rupestre de Galicia está no monte e a monte, como recoñece Lukas Santiago, un dos profesionais que esta tarde dará a coñecer na galería Sargadelos o chamado "Proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños". É unha iniciativa que respaldan uns veinte colectivos culturais, sociais e veciñais dos concellos de Pontevedra, Marín e Vilaboa coa idea de conservar os restos arqueolóxicos existentes e brindar aos veciños da comarca un novo espazo para disfrutar do medio natural.

- Que pretende o proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños?

—Falamos dun espazo situado entre dous concellos, Marín e Pontevedra, un área relativamente reducida onde hai unha concentración de moitos elementos de grande interese desde o punto de vista arqueolóxico. A maiores este espazo ten a súa riqueza natural e paisaxística, ademáis da cultural porque relacionadas cos xacementos arqueolóxicos, por exemplo, hai lendas que forman parte do patrimonio etnográfico, de xeito que o que propoñemos é crear un espazo natural e arqueolóxico Marín-Pontevedra.

- A idea é proponer non só a recuperación senón tamén a organización de rutas, cursos etc?

—Si, dentro dese espazo está por un lado a posta en valor dos xacementos e unha ruta arqueolóxica que comunica e pon en relación os diferentes elementos. Tamén dúas rutas conectan co Lago de Castiñeiras pasando á súa vez por conxuntos de gravados rupestres (en Marín) e por unha mámoa (no límite con Vilaboa) estamos falando dun espazo no que hai mámoas, gravados rupestres, formacións xeolóxicas etc. Todo este espazo forma parte da serra de Domaio, a idea é en adiante crear un espazo natural e arqueolóxico en relación co lago de Castiñeiras e co Chan da Arquiña, sería un espacio de esparcimento para Pontevedra e para o Morrazo, debido á riqueza da que falabamos, e o proxecto pasa pola posta en valor dos xacementos e demais elementos que aínda quedan. Por exemplo hai dos miradores, dous balcóns naturais sobre a ría de Pontevedra.

Unha ruta por Vilaboa

- A proposta é logo un espazo natural e arqueolóxico que abrangue a Pontevedra, Marín e Vilaboa

—O espazo en sí está situado nos concellos de Pontevedra e Marín pero unha das rutas que propoñemos para coñecer ven a zona pasa por terreos de Vilaboa.

- Cal é o estado do patrimonio arqueolóxico nesa zona?

—Este proxecto se plantexa agora precisamente porque na última década o patrimonio arqueolóxico de Marín e Pontevedra sufriu agresións en diferentes obras públicas: coa variante de Marín desapareceu un petroglifo, a linea de alta tensión pasa polo medio de petroglifos e mámoas e a Brilat destruiu fai pouco a mámoa de Loureiro. Eu son partidario de dar a coñecer ese patrimonio, de divulgalo o máximo posible porque só o que se coñece se valora e así se pode conservar. Estamos a falar de que pouco a pouco nos últimos anos varios xacementos da comarca foron destruídos. Galicia podería ser un paraíso arqueolóxico, pero a única forma de protexer eso é apostar por elo, por eses petroglifos, por conservalos, e á larga xenérase así beneficios sociais e tamén económicos: creanse postos de traballo, promóvese a dinamización turística e cultural da zona e por eso nós tamén en certo modo o que propoñemos é unha alternativa de explotación do monte, un sistema diferente ao actual. Esa zona actualmente está afectada por diversas obras, por eso presentamos este proxecto, porque si o deixamos pasar pode que dentro duns anos xa non haxa marcha atrás.

- Os expertos defenden que si non se poñen en marcha accións de protección do patrimonio rupestre corremos o risco de que moitas das obras desaparezan los próximos anos...

—Estamos nun momento crítico efectivamente, de ahí que se presente agora o proxecto: por un lado a Brilat quere ampliar a súa franxa de seguridade, que incluiría parte deste espazo natural e arqueolóxico, e por outra parte o concello de Marín pretende levar adiante un parque empresarial, o parque industrial do monte Pituco, que tamén afecta a esta zona. E a maiores están outras ameazadas, como o esquecemento.