A Asociación de Funcionarios pola Normalización da Lingua Galega quixo reivindicar a promoción do galego a nas mandas testamentarias e nas lápidas dos cemiterios xa que "a maioría dos que aquí descansan empregou o galego durante a súa vida como lingua habitual", en palabras de Xaquín Monteagudo, presidente da asociación,cun acto celebrado onte no cemiterio de San Francisco pola Restauración da Memoria Lingüística no que se homenaxeou.

O alcalde de Ourense Jesús Vázquez, acompañado por outros membros dos grupos da corporación local foi o encargado de destapar a lápida conmemorativa na tumba de Xavier Prado Lameiro. Vázquez sinalou que "é unha mensaxe fundamental cando se achegan as datas para lembrar aos que xa non están, porque así o soñaron Prado Lameiro, pero tamén Ben Cho-Shey, Blanco Amor e tantos outros que aquí descansan en sono eterno", dixo.