A Escola infantil de A Choupana pecha en agosto e as reservas fanse no rexistro do Concello

07.08.2017 | 02:36

A Escola Infantil de Cangas-A Choupana, xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, permanecerá pechada durante todo o mes de agosto. Por este motivo, as persoas que desexen presentar durante este período solicitudes de praza de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro poderán facelo a través do rexistro do Concello, segundo apuntan desde a Xunta.

Nese servizo de recepción de documentos procederase unicamente ao rexistro da solicitude, sendo a escola a que procederá á revisión de baremación da mesma. O prazo de presentación remata o 31 de agosto e a documentación está dispoñible na web do Consorcio: www.igualdadebenestar.org

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine