O Festival Internacional de Curtometraxes Bueu (FIC) avanza no camiño ata a internacionalización tras establer un irmandamento co Festival Avanca, que celebra a súa vixesimoprimera edición na localidade de Estarreja.As curtas premiadas o ano pasado proxectáronse onte no municipio portugués e poderán desfrutarse o próximo setembro en Bueu.

"Piknik", "Esel" e "Eco", curtametraxes alemá, austriaca e galega respectivamente, proxectáronse onte ás 17.15 no Cinema Dolce Vita Ovar. Foron as gañadoras da Ánfora de Ouro, Ánfora de Prata e o Premio á Mellor Curtometraxe Galega no noveno FIC Bueu.

Bueu será o escenario a partir de 15 de setembro, dentro da programación do FIC Bueu 2017, da seccción Irmandade. Proxectaránse as obras portuguesas "Sendas", "A festa do nosso menino Sao Gonçalinho", "Landing", "Your turn" "Foi o fío" e, ademais, a brasileira "A felicidade mora aquí". As tres primeiras obras citadas foron premiadas na pasada edición do festival Avanca. O visionado comenzará as 18.00 no Centro Social do Mar.

Un dos da programación do FIC Bueu 2017, Severiano Casalderrey, atopábase onte en Portugal como parte do xurado da sección Competición Avanca, xunto con outros especialistas do país veciño e tamén de Marrocos. Por outro lado, o director do certame que celebrarase ata o vindeiro domingo na localidade de Estarreja, Antonio Costa, participará no xurado internacional do FIC Bueu.

A organización do FIC suliña que este é o festival adecuado para todos aqueles amantes do mundo cinematográfico, xa que poderán disfrutar dunha amplia variedade de producións. Todas elas finalistas entre as presentadas polas productoras de ámbito nacional e internacional ao concurso. Ademais dos visionados, tamén conta con unha variedade de actividades que inclúen conferencias, obradoiros e rutas.