O IES María Soliño de Cangas desenvolve este mesunha axenda de actos adicada a Carlos Casares. O martes haberá unha mesa redondo con Henrique Harguindey, José Martínez e Pedro Pablo Riobó, que falarán de Casares como "profesor e compañeiro" no antigo instituto de Rodeira. O venres 19, esta vez no Auditorio, haberá unha tertulia titulada "O instituto de Cangas nos tempos de Carlos Casares" e a continuación un documental titulado "Aqueles marabillosos anos", que recolle 40 minutos de actividades dos cursos 1973/74 e 1974/75. O mércores 24 no salón de actos do instituto represéntase "O principiño", unha versión teatral de Saint Exupery traducida ao galego por Carlos Casares e representada polo Obradoiro de Teatro María Soliño. O teatro voltará o venres 26, está vez coa representación de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" a cargo do alumnado de Artes Escénicas e Danza.

O día 18 de maio o Concello descubrirá no centro unha placa conmemorativa, ás 13.00 h, con banda de gaitas.